Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, recibiu na Casa do Concello a unha delegación do goberno de Guinea-Bissau, encabezada polo ministro de Administración territorial, Sola Naquilin.
A visita da delegación guineana está coordinada polo Fondo Galego de Cooperación. No día de onte foron recibidos na Deputación e no Concello de Pontevedra e hoxe ademáis de visitar Vimianzo reuníronse coa Cámara de Comercio de Santiago e visitarán o Centro de Emprendemento do Gaiás. Mañá participarán nun seminario organizado pola EGAP e visitarán o Concello de Lugo.
Na xuntanza, o alcalde, achegounos á realidade socioeconómica e demográfica do noso territorio, facendo fincapé en accións que resultaron significativas nos ámbitos do emprego e do desenvolvemento.
En Vimianzo, despois da recepción oficial, mantiveron unha xuntanza coa Asociación Galega de Profesionais do Desenvolvemento Local, na que analizaron accións que teñen como obxectivo mellorar a cualificación, a cooperación e as sinerxias entre distintos colectivos e a Administración.