Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Aberta a 1ª fase de presentación de solicitudes do Programa de Turismo do Imserso 2017-2018: do 9 de maio ao 7 de xuño de 2017.
Solicitantes:
Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.
Modalidades:
Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2017 e xuño de 2018, segundo a modalidade:
Servizos incluídos:
Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.
As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.
Prezos por persoa das diferentes quendas:
A previsión de prezos para a tempada 2017/2018 é a seguinte:
8 días (7 noites) | 10 días (9 noites) | 15 días (14 noites) | 15 días combinados (14 noites) | ||||
Destinos | T. baixa | T.alta | T. baixa | T.alta | T. baixa | T. alta | |
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana | 168,70 € | 206,30 € | 216,10 € | 260,20 € | 330,20 € | 371,20 € | |
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte) | 144,00 € | 188,80 € | 177,40 € | 227,70 € | 255,10 € | 317,20 € | |
Baleares | 185,70 € | 240,30 € | 237,40 € | 298,60 € | 328,00 € | 403,10 € | |
Baleares (sen transporte) | 144,00 € | 188,80 € | 177,40 € | 227,70 € | |||
Canarias | 319,20 € | 393,60 € | 560,80 € | 595,30 € | |||
Canarias (sen transporte) | 188,80 € | 227,78 € | |||||
Circuitos culturais (7d/6n) Circuitos culturais (6d/5n) Circuitos culturais (5d/4n) | 289,10 € 262,70 € 224,60 € | ||||||
Turismo Natureza (5d/4n) Turismo Natureza (4d/3n) Capitais Provincia (4d/3n) Capitais Provincia (3d/2n) Ceuta ou Melilla (4d/3n) | 258,00 € 203,30 € 111,80 € 92,50 € 233,70 € |
Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir.
No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 15 € por noite para os destinos de Península e Baleares, 17 € por noite para Canarias e 19 € para Turismo Interior.
As quendas de Nadal e Fin de ano teñen un suplemento de 21 €
Temporada baixa: As quendas que se inicien dentro dos días do 1 ao 17 de decembro e do 1 ao 31 de xaneiro
Temporada alta: Quendas que se inicien en datas distintas ás anteriores.
Solicitude de praza:
Se a pasada tempada persoa solicitante estaba acreditada para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que o Imserso dispón de todos os seus datos.
Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.
Recoméndase realizar a solicitude "en liña" xa que o proceso é moito máis rápido e permite estar acreditado case de maneira inmediata.
A solicitude servirá para obter a sua acreditación que lle permitirá acceder ás prazas do Programa e incluílo na Base de Datos de Acreditados onde permanecerá de maneira permanente ata que comunique o contrario ao IMSERSO
Unha vez procesadas todas as solicitudes recibidas no prazo sinalado, o Imserso acreditará a tantos usuarios como prazas dispoñibles existan, e procederase, en caso necesario, a aplicar a baremación correspondente, relativa a idade, ingresos e viaxes realizadas con anterioridade.
No mes de setembro de 2017 todas as persoas solicitantes recibirán unha notificación na que se lles indicará:
Documentación:
Suprímese a esixencia de achegar a fotocopia do DNI xunto coa solicitude, con independencia que o mesmo será exixible no momento da reserva das viaxes e ao comezo dos mesmos.
Elixirase un destino como máximo por cada unha das opcións (A e B) marcando con un 1 a opción desexada en primeiro lugar e con un 2 a segunda.
Non é necesario que a filla ou fillo con discapacidade formule solicitude independente, chegará con cumprimentar o apartado correspondente na dos seus pais.
Só é posible a unión de solicitudes entre solicitantes dunha mesma provincia de orixe, debendo ter en conta nestes casos que os destinos elixidos e a orde de prioridade deben ser exactamente iguais en ambas as solicitudes.
No caso de que o número de solicitantes sexa superior ao número de prazas do Programa o IMSERSO aplicará uns criterios de selección, tendo en conta as seguintes condicións:
Lugar de presentación:
Máis información
Prazo de presentación:
Ata o 7 de xuño de 2017.
Concluida esta primera fase, o plazo de presentación de solicitudes manterase aberto a partir do 8 de xuño de 2017, rematando o luns 26 de febreiro de 2018, para cubrir as posibles vacantes que se puidesen producir.
PARA MÁIS INFORMACIÓN PODEN DIRIXIRSE A ÁREA DE BENESTAR SOCIAL DO CONCELLO