Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-04-2017

Perto de medio cento de persoas participaron nas visitas guiadas que organizou o Concello de Vimianzo durante a Semana Santa

O Concello de Vimianzo organizou durante a pasada Semana Santa visitas guiadas ao Castelo de Vimianzo, aos Batáns do Mosquetín e aos dólmenes do Concello.

Nas visitas guiadas ao Castelo participaron 170 persoas e nas dos Batáns do Mosquetín 213.

Na Ruta dos dólmenes participaron un total de 53 persoas, cubríndose o cupo de participantes xa o día anterior. Esta ruta era a primeira vez que se desenvolvía en Semana Santa.

En canto á procedencia dos visitantes a maior parte procedía de Galicia. En canto aos procedentes do Estado español destacan os madrileños e vascos.

En total visitaron o Castelo un total de2.500persoas durante esta Semana Santa, contando as que non participaron nas visitas guiadas e visitaron a fortaleza utilizando o servizo de audioguías dispoñíbel en galego, casteláne inglés e as que asistiron ao espectáculo de visitas teatralizadas desenvolvidas pola compañía de teatro Os Quiquilláns, que colleita un grande éxito entre o público. Neste caso, a xornada de maior expectación foi o venres ás 17h onde máis de 250 persoas seguiron a representación teatral que narra a historia do castelo.

Ao respecto das visitas totais aos Batáns superaron con moito o medio millar de persoas, destacando as valoracións moi positivas que facían do conxunto etnográfico e da contorna.

Quen notou especialmente a afluencia de visitantes á vila de Vimianzo foi o sector hostaleiro, que fixeron varias quendas de comedor. A opinión do sector é moi boa, con moi bos resultados.

O alcalde, Manuel Antelo, valora dunha maneira moi positiva estes datos que fan de Vimianzo un referente turístico a nivel provincial. Destaca a importancia da recuperación e a posta en valor do patrimonio como fonte xeradora de ingresos e aposta por continúar, dende o Goberno de Vimianzo, con este camiño de recuperación de elementos patrimoniais, co obxectivo de facilitar as visitas tendo claro que a medio prazo serán unha importante fonte de ingresos para a economía municipal.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X