Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O venres 3, ás 20:00 h na Sala de Conferencias da Casa da Cultura de Vimianzo terá lugar unha xuntanza informativa dirixida ás propietarias e propietarios das fincas que conteñen monumentos megalíticos ou que se atopan na súa área de protección.
O motivo é informar á veciñanza sobre as normativas, Lei do Patrimonio, deberes e obrigas que se deben cumprir para salvagardar estes antigos cemiterios que durante máis de seis mil anos permaneceron na nosa terra.
Son parte importante da nosa historia, do noso pasado, e tamén importantes para o presente e, sobre todo, para o futuro. Para deixar ás xeracións que veñen a nosa memoria tal e como a deixaron os antepasados.
Hoxe a Ruta dos dolmens é un motor en desenvolvemento que está a atraer visitantes que queren coñecer estes monumentos prehistóricos, algúns tan destacados que até investigadores de toda Europa se fixaron neles para os seus estudos.
O profesor da Universidade de Vigo Fernando Carrera será o encargado de informar destes aspectos, da importancia do megalitismo e tamén da nova Lei de patrimonio, aprobada en 2016. ALei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia establece as diferentes medidas para protexer bens deste tipo ademais das correspondentes sancións no caso de realizar algunha acción que destrúa ou altere este monumento arqueolóxico.