Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Foron centos de persoas as que se achegaron o pasado sábado a Vimianzo para gozar coa Festa do Entroido.
O tempo permitiu que as comaparsas e grupos desfilaran polas rúas da vila e que a festa se desenvolvera na Praza do Concello.
Por diante do xurado, formado por xornalistas de La Voz de Galicia e Radio Nordés, desfilaron góticos, arqueiros, futbolistas, cheerleaders, cupcakes e pasteis variados, enfermos e doutores do Sergas, cociñeiros, prantas, persoaxes de cosplay, marcas comerciais, etc.
Ademáis os zancudos, malabaristas e demáis persoaxes de Manicómicos animaron a festa.
Este ano participaron un total de 5 comparsas.
Ademáis dos disfraces houbo colchonetas, animación e maquillaxe para os máis cativos e filloas e flocos de millo para todos.
Os gañadores nas distintas categorías foron os seguintes:
COMPARSAS
1º Non ta o forno pa bolos
2º Os futbolistas de Baíñas
3º Os ghitanos van ao super
Accesits para: A fotosíntese das unitarias e Tiro con Arco 2x70 Vimianzo
GRUPOS
1º SERGAS Baíñas
Premios para Geriatros, As Patinadoras e Liga de Lendas.
PARELLAS E INDIVIDUAL ADULTO
1º Espello
Premios parta Noiva Gótica, A Maruxina e o bebé
PARELLAS E INDIVIDUAL INFANTIL
1º Ahora cho digo
Premios para Guitarra, Rosita de Canta e A velliña
Agradecemos o traballo da organización e dos mebros do xurado e convidamos a todas e todos os participantes a gozar do entroido o vindeiro ano tal e como fixeron neste.
Rercordamos que o Entroido de Vimianzo non remata até o vindeiro sábado, cando terá lugar a festa de entroido de Baíñas.