Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

17-12-2011

Antón Mouzo inspira as futuras mentes creativas do noso concello

Na noite do venres Manuel Antelo clausurou a Exposición de pintura de Antón Mouzo na Sala de Exposicións que leva o seu nome, acompañado dos familiares do pintor e dos veciños e veciñas de Vimianzo que se achegaron á Casa da Cultura. Durante uns días os cadros do artista vimiancés compartirán espazo coas creacións que, inspirándose na obra de Antón, realizaron os escolares que participaron nas visitas guiadas da man da licenciada en Belas Artes Puri Lema del Río.
Os nenos e nenas demostraron unha gran sensibilidade e calidade artística nas súas creacións e incluso deixaron escollidos os cadros que máis lles gustaron con fermosas mensaxes. Quizais nun futuro algún deles decida seguir o camiño de Antón Mouzo, a quen ben seguro lle había gustar esta homenaxe dos seus veciños e veciñas.
Estes debuxos estarán expostos durante a vindeira semana na Sala de Exposicións, para dar paso seguidamente á exposición das postais que os nenos e nenas de educación infantil e primaria presentaron ao I concurso infantil de postais de Nadal.
Pasado o Nadal a Sala de Exposicións inaugurará unha nova exposición doutro famoso pintor vimiancés: Xurxo Martiño.  

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X