Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
No BOP do día 24 de febreiro publicáronse as bases das convocatorias de subvencións para o ano 2017 para desenvolver actividades culturais e deportivas.
A subvención de actividades culturais comprende os gastos derivados daorganización de actividades relacionadas co achegamento á comunidade das artes plásticas, literatura e teatro, música, divulgación das ciencias e demais manifestacións culturais e artísticas, da organización de actividades de animación tendentes a fomentar a participación e creatividade e o mantemento das tradicións locais, da organización de actividades de dinamización social tendentes a fomentar a participación da cidadanía na vida social do concello e os gastos de equipamento.
A subvención para actividades deportivas comprende os gastos de organización de actividades deportivas ou relacionadas coa promoción do deporte, incluída a compra de material deportivo, e da práctica deportiva nos centros escolares, os gastos asociados á organización de eventos deportivos, os derivados dos compromisos das federacións de clubs, da xestión ordinaria dos clubs e asociacións e os gastos de transporte.
Poderán optar a estas subvencións as entidades e asociacións sen fins de lucro, públicas ou privadas do Concello de Vimianzo que cumplan cos requisitos detallados na convocatoria.
As solicitudes serán valoradas por unha comisión. Unha vez que ás asociacións se lles notifique a concesión da subvención solicitada poderán pedir que se lles ingrese o 60% do importe. O 40% restantes seralles aboado cando xustifiquen correctamente o desenvolvemento das actividades subvencionadas.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 25 de marzo de 2017.