Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-02-2017

O Concello de Vimianzo investirá perto dun millón de Euros en distintas obras

O alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, convocou unha sesión extraordianaria do Pleno do Concello para o vindeiro xoves, día 23, ás 20:00 h.

Entre outros asuntos a Corporación votará o plan de obras que o Goberno Municipal de Vimianzo pretende desenvolver con cargo á achega económica da Deputación da Coruña denominada POS+.

Serán un total de 11 actuacións en distintas parroquias do Concello cun orzamento total de 931.894,91€.

En Pasarela mellorarase o saneamento na zona do Ribeiro e A Calabanda, e farase unha senda peonil e ensancharase a estrada que vai de Pasarela a A Calabanda.

Na parroquia de Bamiro, na zona d'A Piroga construirase unha rede de saneamento para recoller as fecais, quedando a rede actúal unicamente destinada ás pluviais, facendo unha separación total destas augas, reducindo drasticamente a cantidade de auga bombeada á EDAR de BAIO.

Na parroquia de Tines construiranse beirarrúas na zona da Igrexa, e noutra zona próxima na mesma estrada, rematando unha obra incompleta feita hai moitos anos. Esta obra contribuirá por unha banda á mellora da seguridade víal nesa estrada e por outra ao adecentemanto dun lugar cunha elevada importancia monumental.

En Berdoias construirase un parque infantil ao carón da escola unitaria que funciona como centro social e cultural, a dúas alturas e cun tobogán aproveitando o desnivel do terreo. Con esta obra dotarase á parroquia de Berdoias dunha infraestrutura da que carecía e recuperarase unha zona actualmente en deshuso.

Na parroquia de Cambeda elaborarase unha senda que transcorrerá dende a estrada AC-552 até o río de Cambeda. Na beira do río contruirase unha área recreativa e unha pasarela que permitirá cruzar o río. Esta obra pretende mellorar a seguridade viaria nesta pista, utilizada habitualmete pola veciñanza para pasear e para desprazarse até a igrexa parroquial e até o cemiterio, e adaptar unha masa común como área recreativa.

Na parroquia de Treos acometerase a mellora e o ensanchamento da vía que transcorre entre Treos e Carneo, unha vía de especial importancia para o Concello de Vimianzo debido á cantidade de tráfico que soporta, dando continuidade, deste xeito a unha actuación xa iniciada en tramos anteriores, dende Bamiro, de arranxo e mellora desta vía, que articula a comunicación entre Olveira e A Piroga.

Na parroquia de Castrelo construirase unha rede de saneamento que lle dará servizo ao lugar de Vilaseco, respondendo a unha demanda veciñal e contribuíndo á mellora da calidade de vida dos habitantes e ao coidado do medio ambiente.

Na parroquia de Baíñas acometerase a mellora integral do firme do núcleo de Santa Comba. Tanto o deseño como os materiais serán innovadores nunha actuación deste tipo, pretendendo marcar as liñas básicas a seguir en futuras intervencións relativas á pavimentación de núcleos.

Na parroquia de Vimianzo desenvolveranse as obras da rúa Tedín no tramo que vai dende a fonte até o cruce de Trasouteiro, dando continuidade á intervención xa realizada no princípio dunha das rúas máis antigas da vila.

Tamén se acometerá a mellora do firme e a construción de sendas peonís na coñecida como Pista do Galo, o tramo de estrada que vai dende a rotonda de Vilar até o cruce coa estrada que vai á Toxa. Con esta intervención mellorarase a cirulación neste tramo e contribuírase á mellora da seguridade vial, pois este tramo é moi utilizado pola veciñanza de Vimianzo para pasear.

Ampliarase o paseo fluvial de Vimianzo, dende o seu remate actúal até A Ponterroda. Con esta obra contribuírase á posta en valor da marxe do río de Vimianzo e dotarase má vila dun excelente e longo paseo fluvial para goce de todos os veciños e veciñas.

Para o alcalde estas obras son de vital importancia pois contribúen á recuperación, mellora e posta en valor dalgúns espazos que até o de agora estaban destinados a outros usos e responden ás demandas veciñais e aos compromisos contraídos nas pasadas eleccións locais.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X