Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) foi creada en 1980 como unha asociación cidadá, sen ánimo de lucro, que integra a persoas con enfermidade mental, familiares e profesionais da saúde mental que ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental.
Dende a súa constitución, APEM defendeu que o tratamento destas persoas con enfermidade mental pasa por algo máis que o tratamento farmacolóxico e, que por iso, é necesario complementalo cunha abordaxe psicosocial. Por iso, o principal obxectivo da asociación é axudar á rehabilitación das persoas con enfermidade mental, sobre todo con talleres ocupacionais ou formativos, para fomentar a súa autonomía e favorecer a integración social e laboral.
Na sala de exposicións vimiancesa pódense contemplar algúns traballos artísiticos que realizaron as persoas usuarias dos centros AMPEM.
A mostra permanecerá aberta até o vindeiro 17 de marzo.
Os horarios son, de luns a venres de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 13:00.