Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-02-2017

A réplica a escala do Batán de Servia pode visitarse no conxunto etnográfico dos muíños e batáns do Mosquetín

O conxunto etnográfico dos Batáns e Muíños do Mosquetín (Salto-Vimianzo)conta dende o pasado sábado cun novo atractivo para os visitantes. Un modelo a escala dun batán que permitirá comprender moito mellor o funcionamento destes tradicionais aparellos, que servían para bater tecidos até que as fibras se compactasen. As pezas están colocadas de xeito que se poida mover a roda que acciona todo o mecanismo.

A maqueta ten a súa historia particular. Nos anos 60, José Ces Ces, un bataneiro de Servia, na parroquia de Vilacoba (Lousame), vendo que esta industria esmorecía decidiu crear un modelo a escala e deixar un manuscrito co nome e tamaño das pezas para a posteridade. O historiador Xosé María Lema soubo da existencia da maqueta mentres estaba realizando un estudo sobre os batáns galegos e do resto da península, no marco da loita pola recuperación do Mosquetín. Grazas ás súas xestións e ás de Paco Doval, a familia doou desinteresadamente o modelo á Deputación da Coruña en 1999 para que estivese exposta no conxunto etnográfico vimiancés.

Tras moitos anos de espera, a maqueta poderase ver no Mosquetín tralo acondicionamento realizado polo Concello de Vimianzo. Isto é posible grazas ao cambio na xestión do conxunto, que desde a primavera depende directamente da acción municipal.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X