Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, e a concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade, Marta Rei, presentaron a programación para adultos do Auditorio de Vimianzo para os vindeiros meses.
Actuarán en Vimianzo as figuras máis destacadas do panorama nacional galego, Federico Pérez, Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Evaristo Calvo, Ana Sanz, Marcos Pereiro, Santi Romay, Susana Dans, Mónica Caamaño, Mabel Rivera, Patricia Lorenzo, Josi Lage ou Celso Parada.
O Concello de Vimianzo continúa apostando por traer á capital de Soneira unha programación cultural de calidade a uns prezos económicos. A entrada máis cara custará 5€ e habrá descontos para estudantes e terceira idade.
O Auditorio de Vimianzo atópase iforma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios o que permite que pola Casa da Cultura de Vimianzo pasen figuras de primeiro nivel.
Nos vindeiros días prresentarase a programación infantil para este outono.