Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Na sesión ordinaria do Pleno do Concello do pasado venres día 27, interviu o Concelleiro de Augas, alumeado e parque móbil, Xosé Antón Vidal Mira para dar conta das melloras realizadas no Servizo de augas que supuxeron unha importante mellora no servizo.
O concelleiro primeiro lugar actuouse sobre as instalacións das ETAPs municipais, adecuando as súas características á demanda existente e instando un sistema de avisos de incidencias en tempo real.
Regularizáronse os contadores, substituíndo os máis antigo, os defectuosos e instalandolles contadores a aqueles usuarios que carecían del, o que supuxo un incremento do 12% na facturación.
En canto ao tema dos reactivos químicos regularizouse a súa compra e o seu uso, o que supón un aforro para as arcas municipais de perto de 50.000€.
As próximas medidas que se adoptarán será a instalación de contadores que se poden ler por WIFI a aqueles usuarios que, ben porque teñen o contador instalado en recintos pechados ou ben porque se trate de segundas vivendas, presentan dificultades de lectura.
Outra das melloras no Servizo que se está levando a cabo e que continuará a curto e medio prazo é a substitución de tramos de tubaxes antigas para evitar e minimizar os cortes do subministro por causa de roturas.