Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

25-01-2017

O Concello de Vimianzo asina un convenio de colaboración coa Protectora SOS Pelines

O Concello de Vimianzo e a Protectora SOS Pelines asinaron un convenio de colaboración para a xestión das adopcións dos animais acollidos na canceira.

A protectora encargarase de xestionar a entrada e saída dos animais na canceira, levando unha folla de rexistro dos animais que entran e saen, de comprobar se necesitan atención veterinaria e de xestionar a súa adopción no caso de que os donos non aparezan.

O Concello seguirá encargándose do servizo de recollida e lazaría.

Con este convenio preténdese evitar o sacrificio de animais buscándolles un novo fogar e entregándollos ás familias adoptantes documentados e cun contrato de adopción. A Protectora fará un seguimento do coidado e do estado dos cans adoptados.

A Protectora desenvolverá campañas de concienciación destinadas a mellorar o estado e o coidado dos animais domésticos, destinadas tanto a escolares como ao público en xeral.

Pódese acceder á páxina que ten a Protectora na rede social Facebook para consultar os cans que actualmente están acollidos na canceira de Vimianzo.



Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X