Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
24 arqueiras e arqueiros do club de tiro con arco DousXSetenta participaron no Campionato galego de Sala 2017 acadando diversos podios.
Na categoría de veteranos masculinos o vimiancés José María Lema proclamouse campión galego.
En categoría benxamín masculino obtiveron a cuarta e quinta posición con Dylan Ramíres e Sergio Platas respectivamente. Nesta mesma categoría, en féminas Cristina Santos proclamouse Subcampioa Galega, mentres que Arantxa Varela acadou o cuarto posto. As dúas competían nun galego por primeira vez.
Na categoría alevín masculina Yago García proclamouse Subcampión Galego na súa estrea na categoría, e Leonardo Calvo demostrou a súa boa progresión acadando a terceira posición. Isaac Varela foi cuarto; Erick Rodríguez fixo un meritorio quinto posto na súa primeira participación; Pablo Rodríguez foi sexto; Martín López , oitavo; Ángel Olveira, décimo; e Mario Pereiras, undécimo.
En féminas Paula Vázquez proclamouse Subcampioa Galega na súa estrea na nova categoría, mentres que María Lema acadou a terceira posición. Hai que destacar que María aínda é benxamín pero decidiu participar nunha categoría superior facendo un moi bo papel. Paula Pérez foi quinta clasificada.
Na categoría infantil feminina obtivemos un quinto e un sexto posto con Laura Ramos e Isabel Santos.
Dende o Concello parabenizamólos a todos e todas e animámolas a continuar entrenando e difundindo este deporte.