Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A cabalgata cos Reis Magos percorreu o día 5 de xaneiro todas as parroquias do Concello enchendo de ilusión ás cativas e aos cativos e aos que non o son tanto.
O percorrido rematou ás 20:00 h no Auditorio da Casa da Cultura onde todas e todos os nenos que o desexaron se puideron achegar aos Reis Magos para saludalos e recordarlles encarguiños de última hora. O acto rematou cos Cantos de Reis cos que nos deleitou o alumnado das escolas de pandeireta e gaita.
Durante estas festas o Concello de Vimianzo organizou obradoiros, teatro, concertos e as visitas do Apalpador e do Carteiro Real.
As actuacións infantís terán como broche final a representación o vindeiro sábado da obra Gretel e Beta de Teatro da Semente. Será ás 18:30 h no Auditorio da Casa da Cultura e a entrada será de balde.
Coma todos os anos pechará as actividades o Duatlón de Reis.na súa xa 8ª edición. O domingo 8 Castromil encherase de deportistas que correrán 21 quilómetros en bicicleta e 9 a pé.