Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-12-2016

O Concello de Vimianzo acorda conceder axudas a entidades culturais e deportivas e bonificacións no IBI a inmobles nos que desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras

Na Xunta de Goberno Local do Concello de Vimianzo que se desenvolveu o pasado xoves adoptouse, entre outros, o acordo de aprobar a xustificación de 22925€ de axudas destinadas aos clubes e asociacións para o fomento de actividades deportivas. Estes clubes xa tiñan coñecemento do importe das subvencións e xustificaron de maneira correcta os investimentos para os que solicitaran as axudas. Nalgúns casos xa se fixeran anticipos de parte das axudas, previa solicitude dos interesados. Destacan as axudas concedidas aos clubes Soneira SD, CF Baíñas e CF Castrelo.

Tamén se acordou aprobar a xustificación dun total de 4098€ a asciacións culturais para o fomento de actividades culturais durante o ano 2016. Ao igual que os clubes e asociacións deportivas, estas asociacións xa tiñan coñecemento do importe das axudas e xustificaron de maneira correcta os investimentos para os que solicitaran axudas.

A XGL de hoxe tamén serviu para aprobar a bonificación do 95% do importe do IBI daqueles inmobles nos que se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras. Neste ano beneficiaronse un total de 46 inmobles. Esta bonificación supón unha axuda importante para as explotacións, 250€ de media, xa que poden destinar estes recursos a outros investimentos dedicados a mellorar a produción ou a rendabilidade.

Esta bonificación está recollida na Ordenanza fiscal, número 8, reguladora do imposto sobre bens inmobles. Poden acollerse a ela as explotacións agrícolas ou gandeiras e teñen que solicitala anualmente.

Tanto a aprobación das subvencións deportivas como as culturais son un claro exemplo da aposta do goberno municipal de Vimianzo polo deporte e pola cultura, concibidos dunha maneira descentralizada e diversa. Tanto a cultura como o deporte contribúen aos obxectivos de fomento da vida saúdabel e de mellora de calidade de vida, do ocio e do tempo libre da cidadanía.

A bonificación do IBI para as explotacións agrícolas e gandeiras tamén é unha aposta clara do goberno de Vimianzo polo sector primario, un sector de vital importancia na economía do municipio.

Esta bonificación dos impostos que recada o Concello de Vimianzo vai parella á rebaixa do IBI do 0,6 ao 0,5%, o que supón un aforro do 17% no recibo. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X