Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
María Pardiñas Hermida, de Educación Infantil foi a gañadora do primeiro premio do Concurso de Postais de Nadal deste ano.
A postal de María será a utilizada polo Concello de Vimianzo para felicitar o Nadal no ano 2017.
As postais participantes pódense ver na Sala de Exposicións Antón Mouzo até o 7 de xaneiro.
Achegamos listaxe con todos os premiados.
A postal elixida deuse a coñecer esta tarde nun acto no que partiparon o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, e a concelleira de Cultura, Deporte e Mocidade, Marta Rei.
O acto constou dun concerto de Paco Nogueiras que fixo saltar e bailar ao público coas súas cancións.
Nese acto tivo unha destacada presenza a aparición do Apalpador, que escoitou as peticións dos cativos e cativas que estabn presentes no Auditorio Municipal.