Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vimianzo e Zas colaborou, un ano máis, coas súas Maxestades de Oriente no reparto das cartas.
O persoal do SNL ocupouse de repartir nos centros de ensino dos dous concellos os modelos de cartas que lles fixeron chegar os Reis Magos, xunto coas caixas de correo onde depositar as cartas unha vez escritas.
Son modelos de cartas en lingua galegas nas que tamén se fai referencia á figura tradicional do Nadal galego, O Apalpador.
Os Reis comprometéronse a respostar de maneira personalizada a tods aqueles nenos e nenas que se comuniquen co neles utilizando esta canle.