Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O domingo 8 de xaneiro celebrarase na parroquia de Salto o tradicional Duatlón cros de Reis do Concello de Vimianzo.
Unha proba que xa se converteu nun referente na comarca entre os afeccionados a esta modalidade deportiva e que este ano celebra a súa oitava edición.
O prazo de inscrición xa está aberto en www.championchipnorte.com e non se pechará ata o 4 de xaneiro, ou ata completar as 200 prazas dispoñibles.
Un dos máximos favoritos ao trunfo final é o local David Calzas, que o ano pasado xa se proclamou campión da proba. Ademais proclamouse Subcampión Galego nesta mesma modalidade e participou no Campionato de España.