Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

01-12-2016

O alcalde de Vimianzo participa en Irlanda do Norte nunhas xornadas de traballo do Proxecto European Rural Network for Job Mobility

O alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Ensino, María Xosé Ramos, participan esta semana nunhasxornadas de traballo do Proxecto European Rural Network for Job Mobility (ERN4mob) que se desenvolverán enNewry, Mourne and Down District Council, en Irlanda do Norte.

O Proxecto ERN4mob é un proxecto europeo promovido no marco do Programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 que ten como obxectivo principal conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais, para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais, a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que funcione a favor da integración social e laboral da cidadanía, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural.

O Concello de Vimianzo lidera o proxecto ERN4mob, no que, ademáis de Vimianzo, participan o Concello de Kostrzyn nad Odra (Polonia), a Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo (Portugal), a organización supramunicipal Newry, Mourne and Down (Irlanda do Norte-Reino Unido), a Comune di Petrosino (Sicilia-Italia) e o Concello de Zemplínske Hámre (Eslovaquia).

Durante o ano 2016 desenvolvéronse xuntanzas en Vimianzo, Polonia e Portugal e péchase o ano coa xuntanza de Irlanda do Norte. Durante 2017 desenvolveranse xuntanzas en Sicilia e Eslováquia e un congreso final en Vimianzo.

Nesta xuntanza trataránse, de maneira concreta, as fórmulas para integrar aos inmigrantes nas comunidades locais e ás consecuencias que o Brexit poida ter para a mobilidade das persoas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X