Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
goberno do Concello de Vimianzo aprobou nun Pleno extraordinario celebrado onte o Orzamento para o ano 2017.
Neste Orzamento prevense uns ingresos de 5194573,17€ que se verán incrementados con posterioridade pois non recollen as achegas que fará a Deputación da Coruña a través do POS+.
O goberno cualifica estes orzamentos de realistas e adecuados para facer fronte aos gastos do Concello.
O obxectivo que se marca o goberno a curto prazo é non ter que facer durante o ano 2017 recoñecementos extraxudiciais de crédito para dispoñer de todo o orzamento e non ter que destinalo a pagar facturas de anos anteriores.