Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-11-2016

O goberno de Vimianzo apoia as reivindicacións do cadro de persoal de Ferroatlántica

O alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, acaba de sacar un bando animando á cidadanía a apoiar as reivindicacións do cadro de persoal das factorías de Ferroatlántica en Dumbría e Cee.

No bando explícase que o Comité de empresa de Ferroatlántica está a desenvolver distintas accións para evitar que a empresa segregue as actividades industriais e as de produción de enerxía.

Esta segregación suporía, de facto, o peche das factorías de Dumbría e Cee. Este peche tería un custo social moi elevado na comarca, pois nas ditas factorías xenéranse ao redor de 400 postos de traballo directos.

O alcalde chama a poboación a participar na concentración de apoio ás demandas das traballadoras e traballadores o vindeiro sábado día 12 de novembro ás 17:00 en Cee.

Ao mesmo tempo tamén lle enviou un escrito á Deputación da Coruña solicitándolle un informe xurídico acerca da posibilidade da segregación da actividade de produción de enerxía. O Concello de Vimianzo é unha parte interesada, xa que unha das centrais de produción de enerxía de Ferroatlántica se atopa no Concello de Vimianzo.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X