Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-11-2016

O goberno do Concello de Vimianzo escoita a voz da cidadanía

O goberno do Concello de Vimianzo iniciou o pasado sábado unha serie de xuntanzas coa cidadanía das distintas parroquias denominada “O alcalde escoita”.

Son encontros que se desenvolverán en todas as parroquias do Concello e nos que a cidadanía lle poderá trasladar directamente ao rexedor as súas demandas e necesidades. Deste xeito o goberno de Vimianzo coñecerá de primeira man as necesidades das súas veciñas e veciños a través dunha canle aberta e directa coa cidadanía.

As achegas que fagan as veciñas e veciños serán fundamentais para programar as futuras actuacións do goberno municipal en todo o relativo aos investimentos nas parroquias.

Segundo o alcalde, Manuel Antelo, este é un xeito de democratizar a vida municipal e de facer partícipe á cidadanía da xestión dos investimentos municipais. Para o alcalde é fundamental escoitar a voz das veciñas e veciños para recoller as súas demandas e solucionar os problemas cotiáns aos que se enfrentan.

A primeira das xuntanzas desenvolveuse na parroquia de Cereixo.
Participaron ao redor de medio cento de veciñas e veciños que lle transmitiron ao goberno municipal as súas propostas para investimentos e melloras na parroquia.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X