Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo presentou o programa Noiteando. Alternativa de ocio para a mocidade.
Dentro deste programa os venres dos meses de outubro, novembro e decembro desenvolveranse actividades destinadas a adolescentes maiores de 12 anos.
As actividades consistirán en xogos adaptados ás idades das persoas participantes, obradoiros de cociña, obradoiros lingüísticos ou xogos de rol. Transversalmente trataránse contidos que traballen a igualdade de xénero, a normalización lingüística e a educación musical.
A inscrición é de balde e pode facerse nas dependencias da Casa da Cultura até o 5 de outubro.
Por outra banda o vindeiro domingo día 2 dará comezo a tempada 2016-17 do Baile Social. Será todos os domingos no Restaurante Pastoriza a partir das 19:00 h.