Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, e a concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade, Marta Rei, presentaron a programación para adultos do Auditorio de Vimianzo para os vindeiros meses.
A programación inclúe espectáculos teatrais, musicais ou monólogos.
Actuarán en Vimianzo as figuras máis destacadas do panorama nacional galego, Chévere, Carlos Blanco, Isabel Risco, Isi, Celso Fernández Sanmartín, Pedro Brandaríz, Xosé A. Touriñán ou Uxía e Narf.
O Concello de Vimianzo continúa apotando por traer á capital de Soneira unha programación cultural de calidade a uns prezos económicos. Algunhas das actuacións serán de balde e outras de pago. Con respecto ás de pago a entrada máis cara custará 5€ e habrá descontos para estudantes, terceira idade e familias numerosas.
Dede a tempada pasada o Auditorio de Vimianzo atópase incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios o que permite que pola Casa da Cultura de Vimianzo pasen figuras de primeiro nivel.
Nos vindeiros días prresentarase a programación infantil para este outono.