Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O alcalde de Vimianzo acompañado de diferentes representantes municipais acude ao terceiro encontro do proxecto European Rural Network for Job Mobility, financiado pola unión europea con 127.500€ , que procura a creación dunha rede rural para a mobilidade laboral.
A reunión celebrouse no Concello de Alter do Chao en Portugal porque unha das partes que participa neste proxecto éComunidade Intermunicipal do Alto Alentejo,conformada por 16 concellos.
As actividades xiran en torno á reflexión e ao análise sobre aqueles elementos fundamentais que configuran os movementos migratorios nos diferentes paises europeos e nela participan representantes de Irlanda do Norte, de Eslovaquia, de Polonia, de Portugal, de Italia e de Vimianzo.
O alcalde de Vimianzo dirixiulles unhas palabras aos 16 alacaldes que conforman o Consello da Intercomunidade do Alto Alentejo onde, en primeiro lugar fixo referencia ás características do noso concello e tamén dos movementos migratorios no noso concello e despois explicou que este programa trata precisamente de facer unha reflexión común sobre a chamada mobilidade laboral que non é outra cousa que os movementos migratorios.
O rexedor explicou que o contexto actual dos movementos migratorios se caracteríza pola súa diversidade, no caso concreto de Vimianzo somos un concello que temos moita emigración de diverso tipo, por unha banda emigración de persoas sen cualificación profesional e por outra emigración de persoas con moita cualificación profesional, aos paises de Europa e tamén a outras zonas da Península.
Ao mesmo tempo recibimos unha inmigración de persoas con dificultades económicas ou de outro tipo que proceden basicamente dos paises do leste de Europa e de Sudamérica, maioritariamente da Arxentina e de Venezuela.
Outros concellos teñen problemas similares e nese sentido o alcalde fixo referencia á importancia que ten este proxecto para por un lado tratar de analizar estes movementos que tanto inciden na nosa sociedade con perspectivas de detectar as súas necesidades e os seus problemas e propoñer solucións para a integración social, e por outro lado lado a capacidade de levar a cabo un proxecto entre varios paises e facer un traballo en común ao longo destes dous anos.
O proxecto European Rural Network for Job Mobility está sendo liderado polo Concello de Vimianzo nunha liña de financiamento da Unión Europea, Europa cos cidadáns, e que conseguiu pasar múltiples filtros até ser finalmente financiado pola Unión Europea.
Somos o Concello lider e promotor do proxecto, por iso a primeira xuntanza preparatoria se desenvolveu en Vimianzo. A segunda desenvolveuse enZemplínske Hámre,Polonia e a terceira en Portugal.
Tanto nestas xuntanzas como nos intervalos que transcorren entre elas trabállase no análise dos principais problemas dos movementos migratorios, da mobilidade laboral, e as propias xuntanzas serven para a posta en común do traballo e para chegar a conclusións.
Nas vindeiras xuntanzas que se desenvolverán, antes de fin de ano en Irlanda do Norte, e o vindeiro ano en Sicilia e en Eslovaquia, tratarase de poñer en común, resumir e concluír un catálogo de boas prácticas a aplicar nos diferentes concellos segundo as características que vive a súa sociedade ao respecto dos movementos migratorios.
O proxecto rematará, previsiblemente no mes de novembro de 2017, en Vimianzo cun congreso internacional onde se fará unha exposición global do traballo desenvolvido polas 5 comunidades municipais de 5 paises europeos para chegar a unhas conclusións que lle serán remitidas á Unión Europea para a súa validación.
En definitiva, trátase dun proxecto que nos permite reflexionar acerca dos problemas que termos en común, que axuda a construír a identidade europea e que permite facer un intercambio de ideas entre diferentes paises. Ao mesmo tempo é un escaparate para promocionar todas aquelas inciativas e recursos, o noso patrimonio.