Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A xa tradicional excursión do mes de setembro organizada pola Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Ensino do Concello de Vimianzo levou este ano a 100 vimiancesas e vimianceses á illa canaria de Tenerife.
Saíron en avión de Santiago de Compostela o pasado venres día 16 e regresarán o venres 23.
Na illa canaria poderán gozar das praias, da paraxe natural do Teide e visitarán a cidade de Santa Cruz ou o famoso Loro Parque.
Viaxou con eles a concelleira María José Ramos Rey, acompañada de persoal do Departamento de Servizos Sociais.