Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

13-09-2016

O Val de Vimianzo foi o protagonista da primeira ruta de sendeirismo guiado

O Val de Vimianzo acolleu por vez primeira unha ruta guiada que o rodea pasando polas diferentes aldeas situadas nas ladeiras dos montes. O percorrido foi circular, con saída e regreso no castelo, chegando ao punto máis ao sur en Cambeda, e o máis ao norte en Bribes. Na andaina aproveitouse a ocasión para camiñar á beira do rego de Cambeda, por riba dunha centenaria ponte que saíu á luz tralas recentes limpezas. Tamén se visitaron diferentes muíños, como o da Gándara, Sariño ou As Pasantes. Fóra dos ríos, un dos lugares que máis chamou a atención dos visitantes foi A Toxa, que conserva moi ben a súa arquitectura tradicional, onde se sitúan as ruínas da capela de San Xosé, cunhas magníficas vistas sobre o Val. A arqueoloxía tamén tivo a súa presenza co paseo polas murallas do castro das Barreiras e as explicacións sobre outras aldeas da Idade do Ferro como Sansobre e A Pena. Por outra parte, coas explicacións desde o propio castelo tamén se lembrou a importancia de Vimianzo como cabeza de xurisdición, o que levou a que moitos fidalgos establecesen no Val a súa residencia: os pazos de Trasariz e Trasouteiro ou casas grandes como as de Casais ou A Toxa son testemuños do mesmo. Deste xeito comezaba Pon as botas, un ciclo de rutas de sendeirismo guiadas que roldan aproximadamente os 10 km cada unha, polo que son fáciles de realizar por todos os públicos. A próxima saída terá lugar este sábado, aos Penedos de Pasarela. Un máxico lugar onde as rochas de granito tórnanse esculturas de formas caprichosas, e que os levaron a seren declarados Paisaxe Protexida. A ruta, como todas as do ciclo, sae ás 10 da mañá do castelo. Un bus levará aos visitantes a Pasarela para comezar na aldea o percorrido polos Penedos. Hai prazas limitadas polo que se pide reservar con antelación no correo electrónico visitavimianzo@gmail.com ou no teléfono do castelo 981 716 354

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X