Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

07-09-2016

O Concello de Vimianzo mostra a súa satisfacción polas actividades culturais e deportivas desenvolvidas ao longo do verán

A concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade do Concello de Vimianzo, Marta Rei, mostrou a súa satisfacción pola alta participación e polo correcto desenvolvemento das actividades programadas dende a súa concellaría.

Case 140 nenos e nenas participaron nos campamentos de verán que se desenvolveron durante o mes de xullo.

Os obradoiros da Biblioteca foron tamén un auténtico éxito, con máis de 50 participantes nos Obradoiro Medieval que se desenvolveu a semana do Asalto ao Castelo e 60 nos obradoiros que se desenvolveron todas as mañás do mes de agosto.

Na viaxe cultural ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro participaron case 30 persoas, e na excursión ao Aquapark de Cerceda perto de 75.

Os seráns culturais que se desenvolveron nas 14 parroquias do Concello durante a segunda quincena do mes de agosto tamén resultaron todo un éxito con perto de 150 participantes. Nesta actividade hai que destacar que en algunhas parroquias participaron perto de 25 nenas e nenos.

Tanto a Festa fin de verán como o Día da bicileta destacaron pola ampla participación. Na última actividade, Día da Bicicleta, participaron 140 persoas.

En canto ás visitas guiadas tanto ao Castelo de Vimianzo como aos Batáns do Mosquetín, participaron nelas ao redor de 900 persoas, procedentes, principalmente, do Estado Español, de Portugal, Italia, Francia ou Sudamérica.

Tiveron unha grande aceptación as visitas nocturnas ao Castelo con máis de 100 participantes.

E nas visitas patrimoniais polo patrimonio do Concello que se desenvolveron os sábados pola mañá participaron case 100 persoas.

Tendo en conta os datos de participación a programación cultural e deportiva que desenvolveu o Concello de Vimianzo durante este verán foi todo un éxito, convertindo ao municipio soneirán nun referente cultural a nivel comarcal.

O Castelo de Vimianzo contunúa a ser un referente importante a nivel turístico e cultural aínda que os datos dos Batáns do Mosquetín son altamente satisfactorios, tendo en conta que é o primeiro verán que o Concello xestiona as visitas e as actividades.

A programación continúa durante o mes de setembro con roteiros de sendeirismo polo Val de Vimianzo, polos Penedos de Pasarela e polas Antas do Concello durante os sábados e coas visitas guiadas tanto aos Batáns como ao Concello os sábados e os domingos.

O vindeiro domingo día 11 ás 19:00 h terá lugar o, xa tradicional, desfile do liño no que participarán modelos amateurs da comarca e no que poderemos contemplar a as creación utilizando tecido de liño máis actuais.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X