Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo está a adoptar medidas para facer fronte á vaga de incendios forestais.
Por un lado vaise remitir, unha vez máis, a todas as casas un bando lembrando a obriga legal de eliminar as especies pirófilas nunha franxa de 30 metros das vivendas e a xestión da biomasa nunha franxa de 50.
No bando comunícase que o incumprimento desta obriga dará lugar a que o Concello o faga de oficio subsidiariamente con cargo ás persoas titulares das fincas. Ao mesmo tempo abrirase un expediente sancionador ás persoas propietarias que incumplan a Lei de incendios.
Ademáis vaise proceder de oficio a executar a limpeza en varios casos que xa foron requiridos e que non foron atendidos.
Para o alcalde a protección das persoas e das edificacións é un tema prioritario no caso dos incendios forestais. Antelo incide en que temos que concienciarnos de que nos núcleos rurais e na súa contorna non poden exisitir fincas abandonadas nin fincas de monte. Considera que é fundamental que os propietarios dos terreos asuman a súa responsabilidade na protección dos núcleos rurais.