Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo acolle dende esta semana parte da biblioteca persoal do que fora secretario municipal no ano 1936, Andrés García Ferreiro.
García Ferreiro era secretario do Concello no ano 1936. Nese ano instruiu o expediente de expropiación do Castelo de Vimianzo, ao abeiro da legalidade vixente, para dedicalo a Casa do Concello. A raíz do gope de estado e da posterior Guerra Civil foi relevado do seu cargo, xulgado nun xuízo sumarísimo e excutado o 15 de marzo de 1938.
No ano 2010 o Ministerio de Xustiza emitiu unha declaración de reparación e recoñecemento da súa figura.
O seu neto Andrés García Trillo doou ao Concello de Vimianzo a biblioteca persoal de seu avó, composta polos 70 tomos da Enciclopedia Universal Ilustrada da editorial Espasa-Calpe e varios libros de lexislación.
A Enciclopedia Universal Ilustrada era o maior compendio de saber da época e contiña información acerca dos coñecementos e avances científicos e tecnolóxicos, historia, biografías, información xeográfica, das artes e da literatura de España e Hipanoamérica.
O alcalde, Manuel Antelo, cualifica esta doazón como de enorme importancia, tanto polo seu valor material como polo seu valor simbólico. Esta doazón implica profundizar no recoñecemento dunha persoa de enorme valía que foi asasinada polas súas ideas políticas.
A figura de García Ferreiro ten que estar sempre presente no Concello de Vimanzo para que o seu legado de persoa culta e comprometida con Vimianzo nos sirva de exemplo á hora de loitar polas causa xustas de hoxe en día.
O alcalde agradecelle á familia a doazón e a xenerosidade xa que para eles sons uns obxectos cunha enorme carga sentimental e simbólica.