Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-08-2016

O Concello de Vimianzo amplía o seu programa de actividades para o mes de agosto

Agosto chega cargado de actividades no Concello de Vimianzo.

A concellaría de Cultura, Deportes e Mocidade, que dirixe Marta Rei, programou actividades centradas nos máis cativos da casa e que chegarán a todas as parroquias do Concello.

Na Casa da Cultura, todas as mañás dos días laborables, de 11:00 a 13:00 haberá talleres culturais para nenas e nenos maiores de 3 anos. Esta é unha actividade que se ampliou atendendo ás demandas das nais e pais e que contribúe á conciliación da vida familiar e laboral.

Polas tardes as actividades desprazaranse ás parroquias. Dende o xoves 11 até o mércores 31 de 19:30 a 21:00 haberá talleres polas parroquias e proxeccións de cinema infantil. Esta actividade está pensada para nenas e nenos maiores de 3 anos.

O 17 e o 24 de agosto no Castelo as nenas e nenos maiores de 3 anos poderán inciarse no modelado de barro. Esta actividade está organizada polo oleiroJosé A. Lista, participante na Mostra de Artesanía en vivo do Castelo.

O 19 de agosto, se o tempo o permite, a mocidade de Vimianzo desprazarase até o Aquapark de Cerceda, nunha cita indispensábel no mes de agosto vimiancés.

O domingo 27 de agosto a Praza do Concello encherase, a partir das 17:00 h, cos hinchables e coas atraccións da Festa Fin de Verán.

As actividades deste mes rematarán o 28 de agosto co Día da Bicicleta.

O domingo 14 as 22:00 o espírito do poeta Evaristo Martelo guiaranos polo Castelo de Vimianzo.

As fins de semana continúan as visitas guiadas dentro do programa Historia Viva. Durante o mes de agosto, os sábados ás 11:30, partirán dende o Castelo as rutas “Vimianzo en festas” o 6, “Entre dolmens e castros” o 13, “O outro medievo de Vimianzo” o 27. O sábado 20, ás 20:00 será o turno para a ruta “Petroglifos e lendas no solpor” que nos achegará ao patrimonio da parroquia de Berdoias.

As fins de semana continúan as visitas guiadas ao Castelo (12/19h) e aos Batáns do Mosquetín (13/18 h).

Os domingos as 13:00 e as 17:00 a compañía de teatro Os Quinquilláns achegaránnos coa representación da obra “A traizón” á historia da fortaleza vimiancesa. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X