Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-07-2016

O Concello de Vimianzo vai investir máis de 500.000€ na realización de distintas obras

O Concello de Vimianzo está en proceso de licitación ou xa ten formalizados os contratos dunha serie de obras que suman un importe total de541.909,63€.

A realización destas obras responde a demandas da veciñanza e ao compromiso do goberno local para manter en bo estado o patrimonio municipal. As actuacións están distribuídas por distintas parroquias do Concello.

As obras están financiadas a través de distintos programas como o Plan de cooperación de obras e servizos da Deputación da Coruña (POS), o Plan de aforro e investimento da Deputación da Coruña (PAI), do Fondo de compensación ambiental da Xunta de Galicia (FCA) e de outras subvencións da Xunta de Galicia.

Xa están formalizados os contratos para o arranxo e mellora do Muíño das Pasantes (POS), reparación da cuberta e mellora dos accesos á Casa do Concello (POS) e da mellora do firme da estrada Tines-Bamiro (PAI).

Están en proceso de licitación ou adxudicación os contratos para a mellora das beirarrúas en Pasarela (POS), para a construción dunha aula da natureza na contorna da Presa do Val en Baíñas (POS), para a mellora das instalacións da antiga escola de Vilar de Cereixo (FCA), para a mellora do alumeado da Piroga (FCA) e para construción dun Punto Limpo no Parque Empresarial de Vimianzo (Subvención da Consellaría de Economía e Indústria).

Ademáis destas actuacións están en fase de proxecto outras actuacións coma a mellora da pista polideportiva de Vimianzo, a realización da cuberta da pista de pádel municipal, a construción dunha pista polideportiva na contorna do Campo de fútbol, a mellora das instalacións da Escola Unitaria de Carantoña, a mellora de parques infantís en Serramo, Treos, Bamiro, O Mouzo (Carnés) e Tufións (Cereixo), a construción dunha praza na parroquia de Cereixo e o arranxo de pistas forestais en varias parroquias.

O alcalde, Manuel Antelo, destaca o compromiso do goberno municipal coa construción, mellora e conservación das infraestruturas municipais, tendo sempre presentes as demandas veciñais e investindo e realizando obras en todas as parroquias do Concello.

OBRA

ORZAMENTO

BEIRARRÚAS PASARELA (POS ADICIONAL 2015)

24076,28

MUÍÑO DAS PASANTES (POS 2016)

30213,7

AULA NATUREZA PRESA DO VAL (POS 2016)

108900

MELLORA ACCESO CASA CONCELLO (POS 2016)

25410

REHABILITACIÓN ESCOLA DE VILAR (FCA 2016)

39688

MELLORA FIRME TINES-BAMIRO (PAI 2015)

104560

ALUMEADO PIROGA (FCA 2016)

59989,65

PUNTO LIMPO

149072



Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X