Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-07-2016

O 92% das incidencias comunicadas a través de Liña Verde foron resoltas satisfactoriamente

O servizo Liña Verde leva funcionando en Vimianzo  dende mediados do ano 2014. A veciñanza deste municipio demostrou unha moi boa acollida do servizo e proba diso, é o uso continuo que fan do mesmo.

O tipo de incidencias que máis se comunicaron son aquelas que fan referencia “Beirarrúas e Calzadas”, seguido de “Iluminación ”, “Vía Pública” e “Puntos de Auga”. Ata a data, o 96% das incidencias foron solucionadas.

Para utilizar o servizo a través de smartphone ou tableta, basta con descargar a aplicación Liña Verde. Para iso o usuario conéctase a PlayStore ou APPStore e dunha forma fácil e intuitiva, prodúcese a descarga. Esta é completamente gratuíta.

Unha vez aberta a aplicación no dispositivo móbil, o usuario decide se expor unha consulta ou comunicar unha incidencia. O procedemento é moi rápido e  sinxelo. Para comunicar unha incidencia, basta con seleccionar o tipo de categoría.  Por xeolocalización, a APP Liña Verde encárgase de detectar de forma automática as coordenadas exactas nas que se sitúa a mesma. Posteriormente, pódese achegar unha foto da incidencia cunha breve descrición. Unha vez enviada, o responsable nomeado polo Concello recibe notificación da mesma. A partir deste momento, inícianse os trámites para solucionar a incidencia detectada. O cidadán coñece en todo momento o estado no que se atopa a incidencia comunicada grazas ás notificacións que recibe no seu dispositivo móbil.

Este servizo, ademais de implicar á cidadanía na consecución dun municipio máis sustentable, facilita en gran medida a xestión diaria dos responsables do propio Concello. Ademais de axilizar os tempos de reacción, da a coñecer situacións de mellora que de non ser pola colaboración cidadá, o propio Concello non tería constancia.

 O Concello de Vimianzo  séntese moi orgulloso dos resultados obtidos ata a data e agradece a importante participación cidadá que demostra a implicación e interese dos cidadáns polo seu municipio. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X