Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, e o director da oficina de Caixabank en Vimianzo, Angel Buño, asinaron varios convenios destinados á formación e ao fomento da inserción social.
Por medio destes convenios a Obra Social “la Caixa” achega un importe de 3500€ para desenvolver accións de loita contra o fracaso escolar e 2000€ para actividades de formación para persoas desempregadas con dificultades de inserción.
A primeira das accións formativas desenvolvidas ao abeiro destes convenión comezará esta semana. Trátase dun curso de camareira/o no que o alumnado recibirá formación en técnicas básicas para banquetes, camareira/o de barra, montaxe de mesas para banquetes e servizos á carta. Todo este curriculum irá complementado con prácticas laborais e orientación laboral.
Co incio do curso escolar darán coimezo outras actividades que teñen como obxectivo a loita contra o fracaso escolar e a mellora de técnicas de estudo.
O alcalde valora dunha maneira moi positiva a sinatura destes convenios e a realización das actividades formativas que se poden desenvolver grazas a eles.
A formación é unha ferramenta importantísima para diminuir as taxas de desemprego. Con estas actividades preténdese apoiar ao alumnado con dificultades para que diminúa a taxa de abandono escolar e melloren os resultados e tamén ofrecer formación orientada á integración na vida laboral a aquelas persoas que abandonaron os seus estudos e carecen de formación específica.
O representante de CaixaBank, Ángel Buño, trasladou ao alcalde a satisfacción de todos os empregados da entidade en Vimianzo de poder colaborar na atención das necesidade socias dos veciños da localidade.