Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-07-2016

O exército irmandiño conquista, un ano máis, a fortaleza de Vimianzo

A pasada fin de semana desenvolveuse a 21ª edición da festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo.

Os actos xa comezaron antes pois dende o martes 17 locales de hostalaría paricipanban na 9ª edición da ruta dos pinchos irmandiños. Dende a organización destacan a enorme participación nesta actividade que fixo que nalgúns locais se esgotaran os pinchos e noutros houbera que agardar para atopar mesa. En breve coñeceranse as votacións dos participantes que premiarán ao mellor pincho e ao local mellor decorado.

Na noite do venres tocoulle o turno á Cea Medieval no foxo do Castelo. As persoas asistentes gozaron dun menú composto por polbo, carne á grella e torta de mazá. A cea estivo amenizada pola música de Cé Orquestra Pantasma e Quempallou.

O sábado foi o día grande das celebracións. A media tarde os pequenos e pequenas irmandiñas tomaron o castelo no Asaltiño, activiade dirixida aos pequenos da casa.

Logo do concurso de vestiario e de dar a coñecer aos gañadores dos premios ás mellorres fachadas as irmandades parroquiais, este ano procedentes de todo o territorio histórico da Terra de Soneira tomaron a Praza do Concello a ritmo de gaitas e tambores.

Coa praza chea de irmandiños e irmandiñas dispostos para o asalto izouse no balcón da Casa do Concello a bandeira da Irmandade.

Ás 22:00 h no Campo da festa a bergantiñana Ses quentou os motores do público cantando os seus temas cheos de ritmo e denuncia social.

O concerto de Ses deu paso a representación da obra Melodrama, prolegómeno de que o ariete desfilara pola rúa da Torre e botara abaixo as portas do castelo. Logo dunha húmida batalla entre as tropas irmandiñas e os defensores do castelo as irmandade conseguiron, coma todos os anos, tomar a fortaleza.

Contra a 1 e media da madrugada subiron aos escenario os vallisoletanos Celtas Cortos que repasaron o seu repertorio nun excelente concerto que será recordado polos asistentes.

Ás 2 e media chegoulle o turno á banda húngara Frikin, chegada dende Budapest para a ocasión.

As 4 da mañá puxo o punto final aos actos a actuación dos madrileños Spin te Kú.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X