Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo asinou un convenio de colaboración coa Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia para participar no operativo de loita contra a vesta velutina.
A Consellaría achegoulle ao Concello dous traxes para retirar os niños.
Se atopan un niño de vespa asiática teñen que comunicalo a través do teléfono de emerxencias 112 para que se inicie o operativo de retirada.
O número de niños retirados polos operarios do Concello de Vimianzo e a súa situación serán introducidos nunha plataforma informática da Xunta de Galicia que permitirá obter datos estatísticos sobre a presenza da avespa velutina en todo o territorio.
A participación de operarios municipais na retirada dos niños dotará ao operativo, por unha banda, dunha maior axilidade xa que o persoal que retire os niños non terá que desprazarse dende outros lugares, e por outra ofrecerá un trato e asesoramento personalizado ás persoas afectadas.