Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-06-2016

O Concello de Vimianzo outorga subvencións deportivas, culturais e sociais por un importe de perto de 30.000€

  • O importe destinado a asociacións culturais e sociais ascende a 4000€ mentres que o destinado a asociacións e clubs deportivos ascende a 22.925€

  • As subvencións outorgáronse ao abeiro duns criterios obxectivos coñecidos polas asociacións e clubs antes de facer a solicitude, pois foran publicados na convocatoria.

O Concello de Vimianzo resolveu a convocatoria de subvencións para actividades deportivas, culturais e sociais correspondentes ao ano 2016 que repartiron un total de 26,925€.

Estas subvencións son un claro reflexo da aposta do goberno de Vimianzo polo asociacionismo como actor fundamental para o fomento da cultura e o deporte, sobre todo no ámbito parroquial. Por outra banda nas subvencións deportivas preténdense fomentar os valores deportivos e a canteira local.

No apartado de Cultura repartiranse un total de 4000€ entre as distintas asociacións tendo en conta as actividades desenvolvidas, a programación para o 2016 e a repercusión social e a publidade das mesmas.

As subvención outorgáronse da seguinte maneira:

-A. parroquial de Berdoias-375€

-A. C. Trubisquiña- 375€

-A. C. O Castelo de Vimianzo- 375€

-A. X. Cherinkas- 375€

-A. Neira Marcos de Salto- 375€

-A. Palilleiras As Nemanquiñas- 375€

-A. Veciños de Pasarela- 250€

-A. Comerciantes e empresarios de Vimianzo-250€

-A.C. Stabat Mater de Vimianzo- 250€

-A. Amas de Casa de Vimianzo-250€

-A. A Rula-185€

-A. V. O noso Carballo- 175€

-A. C. Virgen de Fátima de Cambeda-150€

-A.C. Revoltixo de San Martin de Carantoña-125€

-A. Airiños do Río Grande- 125€

No apartado de deportes repartiranse un total de 22.925€, dos cales 14800€ irán destinados a clubs de fútbol ou fútbol sala, 4,300€ a asociacións que non sexan clubs ou equipos de fútbol e 3825€ a clubs deportivos que non sexan de fútbol ou fútbol sala.

No apartado de clubs de fútbol e fútbol sala valoráronse a categoría na que compiten, o número de xogadores/as esmpadroados no Concello de Vimianzo, a creación e o mantemento de categorías inferiores, a organización de actividades no periodo de verán e a organización de actividades distintas ao campionato de liga.

As subvencións destinadas a cada equipo quedaron da seguinte maneira:

-Club V. Vimianzo-250€

-F.C. Castrelo-1300€

-F.C. Baíñas-1000€

-Soneira SD-12250€

No apartado de asociacións que non sexan clubs ou equipos de fútbol os criterios de valoración son o desenvolvemento de actividades, o número de persoas beneficiarias das actividades e o número de socios e socias.

As subvencións outorgadas neste apartado quedaron como sigue:

-Asociación Marea Nejra-300€

-A.C. Cherinkas-1000€

-Cruz Vermella-1000€

-A. Neira Marcos de Salto-1000€

-A.C. O Castelo de Vimianzo-1000€.

No apartado de clubs deportivos que non sexan equipos de fútbol os criterios de valoración foron os seguintes: participación en competicións federadas, en campionatos estatais ou autonómicos e o número de deportistas federados.

As subvencións outorgadas neste apartado foron as seguintes:

-Dousxsetenta-1000€

-S.D. De Pesca Neria-875€

-Club Vimianzo de Tenis de Mesa-950€

-Terra de Soneira CD-1000€.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X