Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-06-2016

O Concello de Vimianzo presenta a programación cultural e deportiva para o verán

A concellaría de Cultura, Deportes e Mocidade que dirixe Marta Rei, presentou no día de hoxe as actividades que programou o Concello de Vimianzo para o verán.

As actividades culturais comeza na semana do Asalto coa Reivindicación do Castro das Barreiras, o sábado 25 a partir das 14:00 h.

Da semana do 27 de xuño ao 1 de xullo desenvolveranse na Biblioteca Municipal, de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00, Obradoiros medievais destinados a nenas e nenos maiores de 3 anos.

Do 8 ao 31 de xullo a Sala de Exposicións Antón Mouzo acollerá unha exposición do fotografo Marcos Rodríguez, titulada Asunción, María e José.

O 28 de xullo está organizada unha viaxe ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro para nenas e nenos maiores de 6 anos.

Do 1 ao 12 de agosto, de 11:00 a 13:00 haberá talleres culturais na Casa da Cultura para nenas e nenos maiores de 3 anos.

O 27 de agosto o Auditorio da Casa da Cultura acollerá unha gala lírica a cargo da soprano Laura Edith Delgado e do pianista Rupert Twine.

Do 1 ao 31 de agosto desenvolveranse en todas as parroquias seráns lúdicos con diversas actividades.

No referente ao deporte, o día 1 de xullo abrirá a piscina municipal. Os curso comezarán do 26 de xullo ao 31 de agosto.

Do 20 ao 31 de agosto terá lugar un curso de piragüismo no Río Grande para maiores de 6 anos que saiban nadar.

Do 4 ao 8 de xullo desenvolverase o Pequecampamento Diververán, para cativas e cativos de até 6 anos.

Do 18 ao 22 de xullo terá lugar o Campamento Diververán para maiores de 6 anos.

Do 12 ao 14 de xullo en Cabeza de Manzaneda (Ourense) desenvolverase o Campamento Multiaventura.

O 19 de agosto os cativos e cativas de entre 6 e 17 anos viaxarán ao Aquapark de Cerceda.

As actividades rematarán o 27 de agosto coa Festa fin de Verán e o 28 co Día da Bicicleta.

En canto ao turismo poderanse visitar os Batáns do Mosquetín, todos os días de 10:00 a 20:00. Os sábados e os domingos ás 13:00 e ás 18:00 haberá visitas guiadas.

O Castelo abrirá de martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30. Neste horario poderanse visitar os postos de artesanía da Mostra de artesanía en vivo.

Os domingos ás 13:00 e ás 17:00 representarase unha historia dramatizada da fortaleza.

Os sábados e os domingos ás 12:00 e ás 16:00 haberá visitas guiadas.

Os sábados de xullo e agosto desenvolveranse visitas guiadas polo patrimonio do Concello.

Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X