Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Durante esta semana unha delegación do Concello de Vimianzo visitará o concello polaco de Kostrzyn nad Odrą. Esta visita encádrase dentro da participación no programa European Rural Network for Job Mobilityque tivo o seu acto inicial en Vimianzo. Neste acto estiveron representantes de todas as entidades locais que participan, de Urzad Miasta Kostrzyn nad Odra, de Polonia, da Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo, Portugal, de Newry, Mourne and Down District Council, Irlanda do Norte, da Comune di Petrosino, Sicilia-Italia e de Obec Zemplínske Hámre, Eslovaquia.
Este programa europeo rematará no ano 2017 en Vimianzo cun congreso internacional no que participarán representantes de todos os paises e no que se avaliarán as causas e as necesidades dos moventos migratorios europeos.
Nos traballos que se desenvolverán en Polonia terá unha presenza destacada o Concello de Vimianzo que achegará, por unha banda a nosa visión acerca dos problemas migratorios que nos afectan en termos xerais e por outra a experiencia persoal como emigrante da concelleira de Benestar Social, Igualdade e Ensino, María Xosé Ramos Rey, emigrante e Suíza durante anos.
O programa está financiado de maneira íntegra pola Unión Europea. O Concello de Vimianzo foi elixido xunto con outra inciativa do Estado Español mde entre máis de 100 propostas que non tiveron o mesmo éxito.
O programa continuará con xuntanzas no resto de paises e segundo comenta o rexedor soneirán, Manuel Antelo, constitúe unha magnífica plataforma para falar acerca dos nosos atractivos e difundir a nosa imaxe en Europa. É unha forma de poñer a Vimianzo no mundo.