Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A semana pasada o alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, asinou un convenio coa Deputación da Coruña por medio do cal o Concello asumirá a xestión da atención aos visitantes, a organización da Mostra de Artesanía e outras actividades no Castelo e a recepción de visitantes e outras actividades nos Batáns do Mosquetín.
O alcalde mostrou a súa satisfacción coa sinatura deste convenio xa que os concellos, como administración máis próxima á cidadanía, poden articular dunha maneira máis efectiva as accións e iniciativas para o seu mantemento, a súa explotación e a súa posta en valor. Pola súa banda o deputado de Patrimonio, Xesús Soto, sinalou que con esta iniciativa se está danto o primeiro paso para unha posíbel tranferencia da titularidade dos bens aos propios concellos.