Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Manuel Antelo e Nieves Lema presentaron hoxe ante os medios de comunicación, e acompañados polos monitores e monitoras, as actividades das escolas culturais, que se veñen desenvolvendo desde primeiros de mes.
As escolas culturais que se ofertan son: Escola de Panillo, a cargo de Lourdes Lema e Clarisa Mouzo; Escola de Teatro, con Toño Casais e Diego Rey; Escola de Danza, coas actividades de Baile de salón (Graciela Toba e Diego Rivadulla) e baile tradicional (Bea Mariño, Ismael García e Paula Mouzo); Escola de Música, coas actividades de linguaxe musical, piano e violín, que imparten Tatiana Pankrátova e Dasha Pankrátova, e, no apartado tradicional: pandeireta, gaita e percusión, actividades das que s encargan Sonia Amigo, Bea Mariño e Ismael García; a Escola de gravado e os obradoiros de debuxo e pintura, que imparte Puri Lema; e as Vimitardes, das que e fan cargo as monitoras Eva Lado e Rocío Andújar.
Un aumento considerable da oferta cultural o que aumentou nun 80% a participación con respecto á temporada anterior, con 470 usuarios dos cales o 75% son mulleres.