19-04-2016
O alcalde recibe a alumnas e alumnos de intercambio
O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, recibiu a un grupo de alumnos franceses que botarán unha semana de intercambio en Vimianzo.
Os 14 alumnosde ESO e Bacharelato procedentes da localidade francesa de Albi (Departamento de Tarn) pasarán unha semana en Vimianzo. Estarán aloxados cunha familia vimiancesa e, durante este periodo, coñecerán os nosos costumes ao tempo que ampliarán os seus coñecementos académicos.
O IES Terra de Soneira organiza estes intercambios dende fai 2 anos. O ano pasado foron os alumnos soneiráns os que se desprazaron a Francia, tal e como está previsto que suceda para o ano vindeiro.
Durante a estadía o alumnado francés asistirá as aulas no IES Terra de Soneira e teñen previsto visitar lugares da comarca coma a vila de Camariñas ou o dolmen de Dombate na veciña Cabana de Bergantiños ademáis de visitaren A Coruña e Santiago de Compostela.