Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-04-2016

O Concello de Vimianzo únese ao proxecto Apego

Manuel Antelo, alcalde do Concello de Vimianzo, xunto con Marta Rei, concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade,  asisitiron o sabado 9,  no Centro Ágora da Coruña á sinatura da addenda ao programa Apego, para a socialización en galego da infancia, que incorpora novas entidades municipais.

Os servizos de normalización lingüística dos concellos da Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo súmanse aos da Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago e Vigo como referentes nos que a veciñanza pode informarse e sumarse ao proxecto Apego. Tamén pode contactar co proxecto a través da súa presenza na internet: www.apego.gal e www.facebook.com/apego.gal

Despois do primeiro ano de vida deste proxecto dirixido a poñer en valor a transmisión da lingua galega aos nenos e a facilitala con apoio, información, recursos, programación de actividades etc., súmanse 11 aos 12 concellos que inicialmente o botaron a andar.

Deste xeito, o proxecto Apego chega agora a unha poboación que supera os 1.100.000 habitantes, entre a que está a das principais áreas urbanas, onde máis cómpre incentivar e facilitar a socialización en galego da infancia, pois neste proxecto participan 6 das 7 grandes cidades galegas.

O acto estivo conducido por dúas representantes do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística, que explicaron que é o Apego e a quen se dirixe co apoio de moitas imaxes da andaina percorrida ata o momento. Foi presidido polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que quixo acoller e celebrar o inicio desta colaboración cun concerto de música infantil, "Arrolos de salitre" protagonizado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández para os nenos entre 0 e 6 anos e as súas familias, os principais destinatarios do proxecto.

En representación dos concellos que formaron parte do Apego desde o inicio, interviñeron no acto os alcaldes da Baña e de Negreira, e en nome dos que agora se incorporan as alcaldesas de Muros e Moaña, ademais do anfitrión.

As intervencións de alcaldes fixeron fincapé no interese da colaboración intermunicipal para que a veciñanza de moitos concellos poida acceder en igualdade de condicións a programas e servizos. Tamén resaltaron a necesidade dun proxecto coma este que valore positivamente a lingua e a súa transmisión, tendo en conta a situación xeral pola que pasa o galego, incluso nos territorios onde a realidade é aparentemente máis favorable.

E, de maneira especial, dirixíronse ós pais para os convidaren a que se sumen ao Apego e participen nas accións e nas redes que reforzan a socialización en galego dos seus fillos.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X