Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Durante esta Semana Santa o Concello de Vimianzo ofertou visitas guiadas aos Batáns do Mosquetín e ao Castelo de Vimianzo, ademáis de visitas teatralizadas ao Castelo.
Esta programación tivo unha grande acollida entre os visitantes que, a pesar das condicións metereolóxicas, ateigaron tanto os Batáns como o Castelo.
Nos Batáns houbo perto de 250 visitas procedentes de distintos lugares da xeografía do Estado ou do estranxeiro.
No Castelo houbo ao redor de 2000 visitas que puideron gozar de exibicións de palilleiras ou de elaboración e trasformación de liño.
Como medidas a curto e medio prazo están a da posta en funcionamento dos muíños e dos batáns e o desenvolvemento dun Plan director para o Castelo de Vimianzo.
.