Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

14-03-2016

Case duascentas persoas ateigaron o Auditorio de Vimianzo para asistir á estrea de "Bala Perdida"

Case duascentas persoas ateigaron o Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo para asistir á estrea da adaptación teatral da obra de Manuel Rivas Bala Perdida.

Na obra cóntase a historia do pirata Bala Perdida quen, xunto coa súa tripulación, aborda un barco cargado con lingotes de ouro procedentes dos dentes de ouro que os nazis lles quitaban aos prisioneiros dos campos de concentración.

O pirata contacta coa xornalista Rosa Riveiro para que lle axude a localizar aos descendentes dos xudeos asasinados nos campos de concentración nazis. A xornalista acepta a misión e é raptada por Herr Doctor, un médico nazi que pretende quedar co ouro.

Rosa consegue mandar unha mensaxe pedido axuda e Bala Perdida e a súa tripulación rescátana do seu cautiverio.

A xornalista regresa ao seu traballo até que un día se presenta na redacción do xornal un señor que se identifica como membro do Congreso Mundial, organización encargada de reparar os crimes dos nazis.

Ás persoas asistentes repartíuselles un número especial do xornal Celtic News.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X