02-03-2016
O Concello de Vimianzo asina un convenio con Insertega para instalar colectores de recollida de roupa
O alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos e o representante de Insertega, Manuel Álvarez Senra, asinaron un convenio polo cal a empresa colocará varios colectores de recollida de roupa usada no casco urbano de Vimianzo e nas parroquias de Baíñas e Carnés.
Con esta medida o Concello de Vimianzo aposta polo reciclaxe e a recollida selectiva das prendas de roupa, reducindo o volume destes produtos que se depositan en vertedeiros,xerandounhadiminución decustosdexestióne prolongandoavidaútildestasinstalacións.Prodúcese taménunaforrodeaugae enerxíaeunhareducióndacontaminación xerada ao producirestesmateriaisnosqueseempreganunhagrancantidadede substanciasquímicas,das calesalgunhassonaltamentetóxicas,contribuíndosedestexeitoámelloradomedio ambiente.
Insertega é unha empresa galega que ten como obxectivo o da integración social a través do reciclaxe. Máis do 70 % do seu cadro de persoal son persoas con discapacidade.