Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-02-2016

A Deputacion incluirá os Batáns do Mosquetín no convenio co Concello de Vimianzo

A Deputación dá un paso máis de cara á transferencia do patrimonio histórico aos concellos ao incluír o conxunto dos batáns e muíños de Vimianzo no convenio que, até o de agora, só contemplaba a xestión do Castelo, en especial como espazo promocional da artesanía da comarca. O Concello asumirá recepción de visitas, promoción e actividades dos Batáns do Mosquetín a partir do día 18 de marzo que é cando remata o contrato da empresa que se ocupa da apertura e as visitas ao complexo arquitectónico.

O responsábel da área de Contratación e Patrimonio, o nacionalista Xesús Soto, visitou este xoves o concello de Vimianzo e reuniuse co alcalde, Manuel Antelo e a concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade, Marta Rei para acordar os termos do novo convenio que ambas institucións asinarán proximamente e que incluirá por vez primeira os Batáns do Mosquetín. Ate agora, o acordo co concello só regulaba as actuacións no Castelo e, de maneira singular, na organización da Mostra de Artesanía que se vén celebrando desde 1994. O novo convenio incluirá a atención a visitantes, a realización de actividades complementarias e a divulgación dos dous recursos turísticos.

Na visita, o alcalde Manuel Antelo destacou a riqueza patrimonial de Vimianzo e as súas posibilidades para a promoción turística e o desenvolvemento económico do concello ademais de adiantar distintos proxectos encamiñados a poñer en valor, de maneira especial, o castelo de Vimianzo como espazo de grande valor histórico. Canda o aproveitamento do Castelo como recurso turístico e símbolo de identidade para a veciñanza, Antelo destacou a potencialidade do entorno dos Batáns do Mosquetín, un conxunto de arquitectura popular único nun enclave paisaxístico singular presidido polo Río Grande. Ademais destes dous recursos que centran o convenio coa Deputación, tanto Antelo como a concelleira Marta Rei destacaron a riqueza megalítica de Vimianzo con máis de douscentos dolmens e mámoas que fan do concello un centro de interese para o turismo cultural.

Os termos acordados para o convenio contemplan en canto ao castelo a realización dunha nova edición da Mostra de Artesanía ao vivo, a xestión de visitas guiadas e atención ao público, roteiros trazados desde este edificio patrimonial ademais de actividades de difusión e promoción do enclave.En canto aos Batáns do Mosquetín, o convenio regulará que este ben patrimonial de titularidade da Deputación sexa xestionado directamente polo Concello de Vimianzo que se ocupará do servizo de atención a visitantes, actividades de animación e comunicación e promoción do espazo patrimonial. Entre outras iniciativas, contémplase o desenvolvemento de actividades de animación relacionadas coas muiñadas e o bataneado de mantas de lá.

Os Batáns do Mosquetín son un conxunto de arquitectura tradicional composto por tres batáns e sete muíños construídos hai case trescentos anos para o aproveitamento da forza da auga do Río Grande. Se os muíños centraban a súa actividade na produción de fariñas de todo tipo, os batáns destinábanse a mazar os tecidos para facelos máis compactos e eran utilizados non só pola xente da contorna senón doutras comarcas xa que chegaban da ría de Noia, de Bergantiños ou da zona do Xallas.

Dúas edificacións forman parte do conxunto do Mosquetín. Na superior sitúanse os tres batáns e tres muíños e a situada na parte inferior, máis á beira do río, alberga catro muíños. Os muíños diferenciábanse polo cereal que moían e, desta maneira, catro deles eran negreiros, dedicados ao millo, dous albeiros para o trigo e un para o relón do trigo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X