Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A celebración do Entroido de Baíñas puxo o punto final ás celebracións desta festa na Costa da Morte.
A choiva impediu o desfile polas rúas da localidade e os participantes no concurso tiveron que conformase con desfilar diante do xurado no Pavillón Polideportivo.
Por diante do xurado, formado por Juan V. Lado e José Manuel Ramos, xornalistas de La Voz de Galicia e El Correo Gallego respectivamente, desfilaron lavadoras, retretes, membros do clero, personaxes de circo, alumnos do ColexioHogwarts, personaxes de contos, de Disney, equipos de Fórmula 1, ovos Kinder con sorpresas, alumnos de escola, personaxes de Regreso ao Futuro, gnomos, personaxes de videoxogos ou galos e romanos.
Este ano participaron un total de 5 comparsas chegadas do propio Baíñas, de Vimianzo, da Ponte do Porto, de Buxantes e de Lires.
Ademáis dos disfraces servironse preto de 250 racións de lacón con grelos e ao redor de 400 de filloas.
Os premiados nas distintas categorías foron os seguintes:
COMAPARSAS
1º Lires, a última aldea gala
2º Buxantes calidade
3º Os parrandeiros de Baíñas
GRUPOS
1º Vuelta al cole
2º Un bosque encantado
3º Star Wars
PARELLAS
1º Fórmula 1
2º Mambo number 5
3º A colada
INDIVIDUAL ADULTO
1º Almofada de palillo
2º Restaurante
INDIVIDUAL INFANTIL
1º Marty McFly
2º Steve Minecraft
3º A sevillana
Agradecemos o traballo da organización e dos mebros do xurado e convidamos a todas e todos os participantes a gozar do entroido o vindeiro ano tal e como o fixeron neste.