Concello de Vimianzo
26 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-01-2016

María Fumaça e o Duatlón de Reis pecharán a programación de Nadal do Concello de Vimianzo

A cabalgata cos Reis Magos percorreu o día 5 de xaneiro todas as parroquias do Concello enchendo de ilusión ás cativas e aos cativos e aos que non o son tanto.
O percorrido rematou ás 20:00 h no Auditorio da Casa da Cultura onde todas e todos os nenos que o desexaron se puideron achegar aos Reis Magos para saludalos e recordarlles encarguiños de última hora. O acto rematou cos Cantos de Reis cos que nos deleitou o alumnado das escolas de pandeireta e gaita.
Durante estas festas o Concello de Vimianzo organizou obradoiros, teatro, concertos e as visitas do Apalpador e do Carteiro Real.
As actuacións infantís terán como broche final a actuación o vindeiro venres do grupo María Fumaça, un dos máis populares entre as crianzas galegas. Será ás 19:00 h no Auditorio da Casa da Cultura e a entrada será de balde.
Coma todos os anos pechará as actividades o Duatlón de Reis. Nesta 7ª edición as prazas dispoñíbles esgotáronse en menos de 48 horas. O domingo 10 Castromil encherase de deportistas que correrán 21 quilómetros en bicicleta e 9 a pé.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X